28/01/26

CIRCUITOS ELÉCTRICOS E LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN

 O alumnado de 1º e 2º de primaria estivo traballando o corpo humano na materia de ciencias. Remataron poñendo un  led simulando un corazón na silueta dun corpo humano e tamén xogaron cos ratos robot programando os seus movementos para levalo ata distintos códigos QR e así visualizar videos sobre a parte do corpo correspondente.

Aprenderon moito e, sobre todo, pasáronno xenial.

27/01/26

APADRIÑAMENTO LECTOR

  O alumnado de 6º de Primaria participou nos apadriñamentos lectores cos compañeiros de 2º de Primaria. Nesta actividade, os maiores contan historias, axudan a ler e comparten tempo cos máis pequenos.

Os de 2º gozan das historias e os de 6º aprenden a motivar e apoiar aos compañeiros. É unha forma divertida de aprender, compartir e facer novas amizades a través da lectura.



As mates para crear insectos

 Na clase de 2° estamos a aprender sobre insectos. As regletas e as matemáticas son quen de axudarnos nesta aprendizaxe. Mirade!





26/01/26

OS PEQUENOS DO COLEXIO DISFRUTAN NA BIBLIOTECA

 Como tódolos mércores os nenos de 4º e 5º de EI van a biblioteca no cole de arriba para disfrutar dos contos de Rato Paco.

 



Novidades

 Esta semana, as novidades que temos son…



A HORTA DE 3ºP E 4ºP

 Que fermosas as cenorias, as berenxenas, os tomates, as uvas... que fixeron as nenas e nenos de 3º e 4º para decorar o cole!

25/01/26

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS

Esta semana tivemos unha nova xuntanza do club de lectura de familias, onde comentamos o libro "As tolas que non o eran", da autora Carmen V. Valiña. 




OS MARTES CONTAMOS NÓS

 Unha semana máis, na clase de 6º de Infantil, os pequenos anímanse a contar contos ós seus compañeiros e compañeiras. Esta semana tocoulle o turno a Amaia, que nos contou a historia de Garavanciño.




OBRADOIROS DE ESCRITA EN 4ºP

Nas clases de lingua galega estivemos traballando os obradoiros de escrita. 
Aprendemos a facer anuncios, descricións, receitas e noticias. 
As noticias disparatadas foron as que máis gustaron.

 

DISFRUTAMOS COS CONTOS

 Hoxe os nenos e nenas de 4º de EI disfrutamos do Polo Pepe nun conto pop up. 

Xogando ó escondite Pepe ten que atopar ós seus amigos.Neste libro hay un montón de pestanas que esconden moitas sorpresas. 

 


O ALUMNADO DE 6º EI CONSTRÚE NA BIBLIOTECA

 Os Canciños constrúen un tunel enorme e unhas maquetas cos legos. 

Na biblioteca de PACO hai moitísimas posibilidades.

 



 

24/01/26

ENTREVISTA NA RADIO

O 14 de xaneiro,
RadioQuintela contou coa visita de Damian Alonso, actor de dobraxe e formador en radio escolar. Durante a entrevista, o alumnado puido coñecer de primeira man como é o traballo dun actor de voz e todo o que hai detrás dun micrófono.

Damian destacou a importancia da radio como ferramenta educativa, que axuda a mellorar a expresión oral, a creatividade e a confianza do alumnado. Foi unha experiencia moi enriquecedora para os alumnos de 4º de primara. que animou a seguir aprendendo e facendo radio na escola.

Entrevista realizada por alumnas de 6º de primaria (Antía Núñez, Noela, Irene, Mara e Lucía)



OBRADOIRO DE RADIO CON DAMIÁN ALONSO

O martes, 14 de xaneiro, visitounos Damián Alonso, actor de dobraxe. 
Tivemos a inmensa sorte de aprender moitas cousas dobre as voces, os cambios de ton e intensidade e tamén o funcionamento da mesa de mesturas na radio. 
Resultou unha xornada moi ben aproveitada e pasámolo moi ben.

 

23/01/26

A horta de 3º e 4º de primaria

 Que fermosas as cenorias, as berenxenas, os tomates, as uvas... que fixeron as nenas e nenos de 3º e 4º para decorar o cole!

A horta de 1º de primaria

Mirade que pementos, cenorias e tomates fixeron as nenas e nenos de 1º para decorar o cole.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...